A Xuíza Pilar de Lara pídelle á audiencia provincial de Lugo que investigue se existiu ánimo de chantaxeala, nun correo electrónico que lle enviou o avogado Cándido Conde Pumpido. Este é actualmente defensor do Secretario Xeral do PS de G- PSOE no sumario que investiga presuntas irregularidades, cando Besteiro era concelleiro de urbanismo en Lugo. A denuncia da xuíza prodúcese mentres a Audiencia decide sobre a competencia da maxistrada no caso Garañón, no que Gómez Besteiro figura coma imputado // Segunda xornada de protestas dos gandeiros que reclaman que se cumpra o acordo asinado en setembro para garantir os prezos do leite.Na Coruña seguen a rodear un centro comercial tractores chegados dende varias comarcas e en Lugo, continuan rodeando a muralla // O Deportivo xoga mañá no Nou Camp fronte ao Barcelona onde tratará de puntuar e o Celta recibe ao Español co que tratará de sumar puntos para afianzar a súa cuarta posición na taboa. 11/12/15