Alberto Núñez Feijóo asistiu hoxe en Ourense aos actos do día de San Martiñó. Recoñeceu que o estilo, máis moderado que na anterior lexislatura, dos portavoces da oposición, pode augurar unha etapa de acordos. O avogado da nai de Diana Quer di que a indenticación, por parte da Garda Civil, do conductor da furgoneta á que se subiu a moza na madrugada da súa desaparición, non desbota outras pistas sobre o caso. O letrado mantén a esperanza nos datos que se poidan recuperar do teléfono móbil de Diana. (11/11/16)