Educación abre dous expedientes ás empresas que sirven os menús escolares de sete colexios de Cambre e Culleredo onde houbo que retirar a comida en varias ocasións porque viña en mal estado. Os pais piden a rescisión dos contratos coas empresas que preparan ese catering. A Xunta aclara que só se poden rescindir se acumulan tres expedientes negativos // Funcionarios de vixilancia aduaneira buscan información da empresa Viaqua, a antigua Aquagest, no concello de Pontevedra por orde do xulgado nº1 de Lugo que dirixe a xuiza Pilar de Lara. No rexistro interviron facturas dende 2009 desa empresa concesionaria do servizo de auga // Satisfacción en portos coma os de Rianxo, Cambados ou Redondela, logo de que a Comision Europea rectificase e retirara a proposta de prohibir todalas artes de deriva, o que incluía o xeito e varias redes de rio. 11/11/15