A colleita de pataca na comarca ourensá da Limia, paralizada porque as máquinas non poden entrar nas leiras. Os pataqueiros din que de seguir as chuvias persistentes, poderían perder o noventa por cento da produción, o que suporía unhas perdas de 57 millóns de euros. Estudan solicitar a declaración de zona catastrófica | As persoas residentes en Galicia que falan sempre castelán superan, por primeira vez, ás que falan sempre galego, segundo a enquisa dada a coñecer hoxe polo Instituto Galego de EStatística. Refilcten Un cambio de tendencia en comparación cos datos anteriores, de hai cinco anos | Os veciños recordan, en Vigo, á muller e os seus tres fillos falecidos hai xusto un ano no incendio do edificio abandonado que ocupaban con outras familias sen recursos, no barrio das TRavesas. Os bombeiros alertaran do mal estado da instalación eléctrica | A dificultade para atopar taxi na cidade de Santiago fai que sexan habituais as esperas de máis dunha hora, por exemplo, no aeroporto ou na