Tres nenos e a sua nai, son, segundo os veciños, as vítimas mortais do incendio nun edificio do barrio das Travesas, de Vigo. A investigación apunta a que o lume puido ser intencionado. Os veciños din que tiñan denunciado a perigosidade do lugar pola presenza de ocupas. | A Consellería de Educación e os sindicatos asinaron un acordo, para recurtar o número de alumnos por aula. O máximo pasará de 25 a 20. Empezará a aplicarse a partir do próximo curso en quinto de Infantil. | Detidos tres homes por unha presunta violación en grupo a unha muller nun pub de Sarria, en Lugo. Dous deles foron enviados a prisión, acusados de violar á muller. | Transformar baixos comerciais en vivendas, poderá ser máis doado a partir do próximo luns. É cando entrará en vigor a flexibilización das normas de habitabilidade aprobada pola Xunta. 11-10-23