Volta ás clases para uns 300.000 alumnos de primaria, Eso, Bacharelato e Formación profesional. Son uns 3.200 menos que o curso anterior, como resultado da baixa natalidade. A Xunta anuncia un récord histórico no número de profesores | A Xunta asumirá o 60 por cento da subida anunciada por Sogama para o canon de recollida do lixo, como consecuencia do novo imposto para os residuos. Anunciouno Rueda na Sesión de Control do Parlamento, na que Ana Pontón pedíulle que negocie con Pedro Sánchez sobre a súa proposta para o financiamento autonómico| Inditex obtén uns beneficios de 2.768 millons de euros no primeiro semestre do ano, o que supón un aumento de máis dun 10 por cento | Un 15% dos galegos afirma sufrir soidade crónica. Son datos do Barómetro da Soidade da Once e a Fundación Axa. Afecta máis na franxa de idade entre 18 e 35 anos que entre os maiores. Os expertos cren que é debido á utilización das novas tecnoloxías e á falta de verdadeiras relacións de amizade