Tras un retraso por culpa da néboa, a raíña Letizia acude á inauguración oficial do curso escolar no colexio do Camiño Inglés, en Oroso..| Día de volta a clase para 225.000 alumnos de tódolos ciclos educativos no sistema público: Infantil, Primaria, secundaria e Bacharelato.| A Coruña, con máis de 30.000 cans censados, súmase ás cidades onde será obrigatorio que os seus donos saian a pasealos levando consigo auga para limpar os mexos dos animais na vía pública. A ordenanza incluirá sancións de entre 100 e 500 euros para os infractores. | Ourense recupérase ainda dos desperfectos ocasionados polas treboadas da fin de semana. O sábado acumuláronse 95 litros por metro cadrado, no segundo día máis chuvioso alí dende que hai rexistros.  11-09-23