O comezo do curso atrásase unha semana en Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. En vez do próximo mércores como estaba previsto, A volta ás aulas comenzará, de xeito gradual, a partir do día 23, nos centros públicos e concertados // A volta ao cole en infantil e primaria complétase hoxe. Entre as incidencias, a negativa dos pais a levar aos alumnos ao colexio de Meis onde o director deu positivo por coronavirus // Detectado un gromo con 6 positivos na área de Traumatoloxía do Hospital de Lugo. Sanidade anuncia que establece medidas restrictivas no concello coruñes de Laxe e nos pontevedreses de Lalín, A Guarda, o Rosal, Vilaboa e Poio // Ata 25 dos 27 concelleiros da corporación pediron hoxe que dimita como alcalde de Ourense. Apoiaron unha moción do BNG que non é vinculante pero visualiza a falta de apoios do alcalde que goberna cun único concelleiro de Democracia Ourensana. 11/09/20