Segue a loita contra os incendios. Nas últimas horas as alarmas voltaron saltar en dous municipios do sur de Pontevedra, os de Crecente e Arbo, onde o lume se achega ás casas en varios puntos. Durante a mañá continuou activada a situación de alerta en puntos de Santiago, Porto do Son, Cee e Avión, por mor de lumes xa iniciados onte. O ministerio de medioambiente envia 7 medios aereos, 6 avións anfibios e un helicóptero para sofocar os incendios de Arbo e dous dos declarados nas últimas horas en Porto do Son. o incendio declarado no concello pontevedrés de Arbo activo dende onte pola noite tamén desplazaron unha brigada // O secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique viaxa a Galicia para negociar con En Marea no penúltimo día que teñen as dúas formacións para inscribirse como coalición se finalmente concurren xuntas ás eleccións do 25 de setembro. 11/08/16