Avogados e procuradores da quenda de oficio protestan en Santiago polas súas condicións laborais, tras ano e medio de mobilizacións e folgas. Aseguran que carecen de dereitos básicos como vacacións ou baixas, e que as retribucións non cobren nin o custo do seu traballo | Os datos de vixilancia epidemiolóxica mostran un importante aumento da incidencia da covid desde hai dous meses, e especialmente nas tres últimas semanas. Trátase dun novo tipo da variante ómicron que non é grave, pero adoita vir con síntomas gastrointestinais e afonía | A oferta musical dispárase esta fin de semana con festivais coma o Big Sound en Pontevedra, o do Mundo Celta en Ortigueira ou o Atlantic Pride na Coruña