Milleiros de persoas están visitando en Vigo os tres buques que compoñen o Grupo Dédalo da Armada, un portavións, un buque anfibio e unha fragata que recalaron na cidade ata o domingo. Proceden do Báltico onde participaron nunha demostración de capacidades defensivas da OTAN | Galicia recibirá 26 menores migrantes non acompañados dos que están a desbordar a capacidade de acollida de Canarias. No reparto decidido entre as comunidades, a Xunta acepta ese cupo de menores, pero reclama ao goberno central máis recursos para atendelos, di, con dignidade | Representar a Valle Inclán nos lugares onde se inspirou para os seus relatos. É o Festivalle, o certame adicado esta semana en Vilanova, a poñer en escea as obras dun único autor, que se completa con conferencias e visitas guiadas | Os grabados da época escura de Goya, vistos a través da ollada persoal de Stéphan Levallois. O debuxante de cómic e deseñador de personaxes de cine de ciencia ficción como Alien, ofrece nunha exposición na Coruñ