Miles de romeiros ateigan o Mosteiro de Lérez, para cumprir coas tradicións do aceite milagreiro e pasar baixo o altar de San Benitiño. É a festividade en Pontevedra, que remata coa popular mexilloada na praia fluvial. //A campaña electoral céntrase hoxe nas reaccións ao debate ente Pedro Sánchez e Núñez Feijóo, no que non faltaron referencias a asuntos relacionados con Galicia. // E hoxe coñecemos como será a votación das persoas invidentes. Mediante Sobres coas candidaturas indicadas en Braille. É o kit de voto accesible presentado hoxe na delegación da ONCE na Coruña para facilitar a participación nos comicios do 23 de xullo. // Xuízo, en Vigo, a unha muller, acusada de administrarlle medicamentos opiáceos a sua filla de curta idade. 11-07-2023