O comportamento do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda trala dimisión de Alfonso Villares, investigado nun posible caso de violencia de xénero, centrou a sesión de control ao Goberno. Debateuse se co seu apoio ao exconselleiro, Rueda deu amparo a un presunto agresor sexual desprotexendo á vítima | Galicia despunta en absentismo laboral respecto a media de España; pérdense máis do 7% das xornadas laborais ao ano, cun elevado custo no noso produto interior bruto | Cambios na cúpula de Inditex | A muller morta en Campo Lameiro coa súa parella estaba rexistrada no sistema Vioxén como de alto risco | Novas agresións a persoal sanitario en Cee e na Coruña | 50 anos da creación do Centro de Investigacións Mariñas | A Xustiza europea desestima os recursos contra o veto á pesca de arrastre | O Tribunal Superior de Galicia paraliza cautelarmente o réxime de xestión do lobo aprobado pola Xunta | Últimos preparativos para dous grandes festexos en Galicia. En Lugo xa está case todo listo para a cel