Ocupación da sede do Reitorado da Universidade de Santiago, na praza do Obradoiro, por un grupo de activistas en favor de Palestina. Impiden a entrada do persoal ao edificio e Exixen que a USC rompa calquer vínculo con Israel. O reitor asegura que está colaborando coas forzas de seguridade e non se descarta un posible desaloxo | O Congreso dos Deputados acolle o debate de toma en consideración da transferencia da Autoestrada do Atlántico, proposta dende o Parlamento de Galicia por unanimidade. É unha iniciativa que chega por cuarta vez á Cámara, coa intención de conseguir rebaixar as peaxes e cambiar as condicións da concesión a Audasa | O Cancro de próstata causa medio milleiro de mortes cada ano en Galicia. Para a sua detección precoz, o Sergas pon en marcha un cribado para detección de cancro de próstata en varon entre 50 e 69 anos. Comenza a próxima semana na área de Ferrol e unha vez comprobado o seu funcionamento poderá ampliarse ao resto de Galicia | No museo de Lugo xa se pode