O Principado de Asturias renuncia a solicitar a libre circulación con Galicia e as comunidades da Cornixa Cantábrica. Di que adopta a decisión por razóns de saúde, e non comparte a intención de Núñez Feijóo de levantar o Estado de Alarma. O luns quedarán abertos áo tráfico tres novos pasos con Portugal en Arbo, Salvaterra e Tomiño // Os socialistas piden a Feijóo que aclare qué actividades ten previsto autorizar e cales non ao poñer fin ao estado de Alarma o luns. O BNG tacha a decisión de improvisada. Marea Galeguista pide unha comisión de investigación sobre as vítimas da pandemia nas residencias de maiores // Unha nova vítima mortal nas últimas 24 horas, eleva a 619 o número total de falecementos pola COVID-19 en Galicia. Os casos activos redúcense en cen na última semana ata contabilizar 465, e hai 11 pacientes hospitalizados, ningún deles nas UCI. 11/06/20