As reservas de turismo para a Semana Santa baixan ata un 30 % polos pronósticos do tempo. Prevense máis de dous millóns de desprazamentos no noroeste. Nunca houbo tantas ofertas de tren en Galicia: 28:000 | Encontro de Alfonso Rueda co presidente de Asturias para estreitar lazos con esa comunidade. Coinciden no debate do financiamento e o reto da perda de poboación. As discrepancias asoman en eidos como a quita da débeda e as políticas de vivienda, especialmente en canto á protección aos propietarios | A intermodal de Santiago estará terminada en maio | BNG e PSdeG piden á Xunta unha estratexia para axudar ao sector vitivinícola fronte aos aranceis de Trump | Unha de cada catro queixas recibidas na Valedora do Pobo son por mor da atención sanitaria. Primeiro encontro desta institución co conselleiro Antonio Gómez Caamaño | Acto de reparación a familiares de represaliados na Guerra Civil. Os restos mortais recuperados nunha fosa común de Bértoa, Carballo, foron entregados este mediodía