Segue a investigación da policía sobre o asasinato da xove lucense, Tatiana Vázquez da que o cadáver foi atopado o pasado sábado no interior do seu coche e con máis de 50 coiteladas. O seu exnoivo, un xove senegalés, detido en relación co crime presta declaración na comisaría // A Garda Civil rexistra, na localidade ourensá da Mezquita a Casa Grande de Chaguazoso, un dos domicilios do exbanqueiro Mario Conde que foi detido, xunto co seu fillo, a súa filla e o seu xenro, dentro dunha dentro dunha operación da Audiencia Nacional contra o branqueo de capitais // O presidente da xunta non desbota adiantar as eleccions galegas, previstas inicialmente para outubro. Nunha entrevista en RNE, Alberto Nuñez Feijoo di que ten en conta a evolucion das negociacions para formar goberno en españa e a estabilidade politica e institucional en galicia. 11/04/16