O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a nova lei de medios audiovisuais públicos de Galicia, que regulará a CRTVG. A norma saíu adiante cos votos da maioría parlamentaria do PP. A oposición rexeita a norma por considerala una ferramenta de manipulación | A falla de material de protección foi un dos grandes problemas ao inicio da pandemia do coronavirus. 5 anos despois, TVE visita en Negreira a plataforma loxística do Sergas, centro neurálxico para o almacenamento, compra e distribución de materiais sanitarios e de protección en Galicia | As comunidades de montes do Barbanza están a implementar prácticas sostibles para evitar incendios e facer do bosque un recurso a longo prazo. Son proxectos piloto en colaboración como o uso do gando caprino para a limpeza do mato ferraxe ou os residuos naturais do mar como fertilizante para castiñeiros | O Consello da Cultura Galega pon a disposición do público 231 cartas recibidas polo premio nobel Camilo José Cela; conversas que o autor mantiña con