Primeiro día con restriccións ás visitas nas residencias de maiores e hospitais de toda Galicia, que suma 27 positivos por coronavirus // A incerteza sobre a evolución do virus tamén ameaza a campaña e mesmo as eleccións autonómicas do 5 de abril // Cancelacións nas axencias de viaxes pola supresión das viaxes do imserso e dos voos con destino e procedencia de Italia // Traballadores das industrias electrointensivas galegas protestan na Coruña para pedir un marco enerxético competitivo e estable // O festival de cine feito por mulleres volve celebrarse en Santiago ata o sábado para ofrecer e visibilizar as creacións realizadas por mulleres // Arranca o salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, con 300 actividades no Pazo da Cultura ata o 28 de marzo. (11/03/20)