Reunión na Moncloa entre os Presidentes do Goberno e da Xunta. Mariano Rajoy , cando se cumpen cen días de Feijóo á fronte do novo executivo na Xunta, logo de revalidar a maioría absoluta nas eleccións autonómicas // As zonas máis afectadas pola tromba mariña da fin de semana reparan os danos causados e tratan de recuperar a normalidade. Na comarca coruñesa da Barbanza, unhas das máis castigadas, concellos coma o de Ribeira, pídenlle axuda á xunta para paliar os desperfectos // A Garda Civil busca aos responsables da explosión na sucursal de Novagalicia Banco do Rosal atribuida a Resistencia Galega e que afectou a varios edificios. Hoxe procédese a avaliar os danos, mentres os clientes son atendidos nunha oficina móvil // Un bo Celta fíxolle fronte ao Real Madrid en Balaídos, pero caeu cos dous goles de Cristiano Ronaldo, fronte ó de Iago Aspas. Peor imaxe ofreceu o Deportivo no camp nou contra o Barcelona, que o derrotou por dous goles a cero e segue de ultimo. 11/03/13