Os veterinarios de Galicia súmanse á protesta contra a nova regulación do uso de medicamentos veterinarios. Din que teñen que encher cuestionarios exhaustivos por cada animal e seguir un protocolo que cuestiona o seu criterio profesional | Preocupación en preto dun cento de empresas galegas que de xeito directo ou indirecto poden sufrir os aranceis do 25 % anunciados por Donald Trump para o aceiro e o aluminio | Protección e vantaxes para cidadanía no desenvolvemento da intelixencia artificial. Son os obxectivos da lei que colocará a Galicia como a primeira comunidade autónoma cunha normativa deste tipo. A oposición di que o texto é pouco | A escritora Susana Fortes volve a Pontevedra para presentar a súa nova novela, Solo un día Más, que recupera a relación entre actriz María Casares e o escritor Albert Camus, protagonistas dunha historia de amor, coa Segunda Guerra Mundial como pano de fondo