José Manuel Baltar nega ante o Tribunal Supremo ter cometido delito contra a seguridade vial. O senador do PP e expresidente da Deputación de Ourense, di que nunca superou os 200 quilómetros por hora ao volante dun coche oficial, tal como consta na denuncia da Garda Civil | A Xunta detecta máis de 13.000 baixas laborais que considera inxustificadas, no plan de inspeccións para controlar a fraude, comenzado hai seis meses. Das 20.000 persoas que se atopaban en situación de incapacidade laboral, tras revisar a sua situación médica, o 67 por cento foron dados de alta | José Ramón Gómez Besteiro opta a renovar o cargo de Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, nas primarias do partido. O anterior secretario xeral, Gonzalo Caballero, non descarta presentarse se consegue o aval duns 1.100 militantes | Unas mil hectareas de superficie quedaran arrasadas polo lume, así como coches, naves industriais e outras instalacións. Foi o incendio forestal de 2022 en Verín. Unha muller con problemas mentais e al