Tráfico vai aumentar este ano os controis nas estradas galegas para vixilar especialmente o uso do móbil ao volante. As distraccións que provoca están detrás de máis da metade dos accidentes de tráfico ocorridos en 2018, que causaron 104 mortes en Galicia // Deteñen en Vigo ao fillo máis pequeno do ancián que apareceu morto con signos de violencia o luns preto do río Lagares // Profesionais sanitarios do hospital de Santiago denunciaron ante a fiscalía a morte de dous pacientes nos pasillos de urxencias o pasado 2 de xaneiro // Última fin de semana para ver o alumeado de Nadal de Vigo, que se apaga o domingo // O festival de cine de Cans ou o grupo musical a Roda son algúns dos oito galardoados cos Premios da Cultura Galega 2018 // Hoxe celébrase o día dos usuarios das bibliotecas públicas, que en Galicia usaron máis de 223.000 persoas en 2018. 11/01/19