Pedro Sánchez negocia co deputado do BNG Néstor Rego, no Congreso. Rego amosou a súa boa disposición a apoiar a investidura de Sánchez, pero condiciónao a compromisos con Galicia | O Goberno recorre ante o tribunal constitucional a Lei do Litoral galega, por considerar que invade competencias do Estado | O ministro de Industria asegúralle a Rueda o impulso do Goberno ao proxecto de Altri e axudas millonarias para potenciar a industria | O concello de Santiago estuda solicitar á Xunta que declare a cidade zona residencial tensionada | O 80 por cento da poboación de Galicia padece algún problema visual. Os ópticos galegos saen á rúa para explicar os beneficios das lentes de contacto. 10-10-23