Seis empresas galegas obteñen 18 millóns do Perte Mar-Industria, a metade destas axudas financiadas con fondos europeos, segundo acaba de publicar o Ministerio de Pesca. Son industrias de transformación de produtos do mar | A ministra de Inclusión pídelle á Xunta solidariedade cos menores migrantes procedentes do norte de África, como a tivo cos que viñeron de Ucraína. A Xunta mantén o seu rexeitamento a acoller en Galicia os 317 menores que lle corresponderían segundo o plan do Goberno | A Mariña lucense recupera para os visitantes un dos seus atractivos, a punta Socastro, máis coñecida coma O Fuciño do Porco, no concello do Vicedo | O muralista Joseba Muruzábal, Yoseba MP, como alcume artístico, fíxose moi popular polos seus retratos de superavoas de gran formato. Hoxe protagoniza a serie Eu Son, dedicada a creadores emerxentes ou xa consolidados, como no seu caso