O PP celebra a vitoria nas eleccións europeas con cerca de medio millón de votos en Galicia. Satisfacción tamén nos socialistas, que se sitúan en segundo lugar con 300.000 na nosa comunidade, e igualmente no BNG, que destaca que, cuns 180.000 votos consegue un escano propio, por primeira vez dende hai 25 anos | A nacionalista Ana Miranda se convirta en eurodeputada sen ter que compartir, escano con outros representantes de Agora Repúblicas. O pontevedrés Francisco Millán Mon, do PP, seguirá unha nova lexislatura na Eurocámara, na que tamén repite presenza o socialista de Lalín Nicolás González Casares | Ana Peleteiro deslumbra cun salto de 14´85 metros, que lle da a medalla de ouro no campionato europeo de Roma. É a súa segunda mellor marca histórica, e dalle o pase áos Xogos Olímpicos de París. Adrián Ben rematou sexto na final de 800 metros | Máis de 80 Estrelas Michelín danse cita hoxe no encontro solidario Estrelas no Camiño. Entre eles, Martín Berasategui, os irmáns Torres ou Manu