O capitán dun pesqueiro de Cangas retido en Senegal dende outubro, acusado de pesca ilegal, pide a sua liberación. Juan Cadabon é o capitán do "Praia de Areamilla" e envioulles mensaxes de auxilio á súa familia no Morrazo // A primeira das catro xornadas de paros dos maquinistas de Renfe provoca retrasos e cancelacións en varias liñas. Os servizos mínimos en media distancia son do 65% e ata o 72% dos de alta velocidade e larga distancia // O Deportivo ficha a Gaizka Garitano, o que lograra o ascenso do Eibar a Primeira, como novo adestrador en sustitución de Víctor Sánchez. O técnico vasco asinou contrato este mediodía por unha temporada. 10/06/16