Rematou a primeira hora da tarde a comparecencia do ex alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, ante a xuíza de Lugo que instrúe o sumario da operación Pokémon contra a corrupción nas adxudicacións de varios concellos galegos. En Lugo tamén declarou a súa parella, ambos imputados por branqueo de capitais. Rodríguez reivindicou a súa inocencia e pediu que se levante ó segredo de sumario // Esta tarde, ao peche das bolsas, saberanse os descontos que se lles van aplicar aos posuidores de participaciòns preferentes que queiran recuperar os seus cartos.Os afectados esixen a devolución total // Fernando Vázquez asina hoxe a sua renovación co Deportivo por dúas temporadas e con opción a unha terceira se consegue ascender. O Celta agarda a chegada de Luis Enrique para dirixir o equipo despois do sorprendente anuncio da súa fichaxe. 10/06/13