A fiscalía abre dilixencias penais a Gonzalo Pérez Jácome, por posibles prácticas irregulares, a raíz da denuncia presentada polos socialistas baseada nos audios publicados por xornais galegos. //As condicións laborais pouco atractivas na atención primaria desaniman aos médicos residentes a solicitar as prazas de formación nesta especialidade que se ofrecen en Galicia. // A produción das especies de ameixa autóctona redúcese en máis dun 60 por cento na Ría de Arousa nos últimos dez anos. // Volven os lanzamentos de cápsulas estratosféricas a cargo da Axencia Espacial Escolar galega. HOxe alumnos de institutos públicos protagonizaron o ascenso e descenso dun artefacto deseñado por eles mesmos 10-05-23