Con Teresa Portela como bandeira, a xeración de ouro do piragüismo galego saca billete para os xogos olímpicos de París. No selectivo de Pontevedra clasificáronse hoxe Antía Jácome e Carolina García | Tamén os deportistas paralímpicos están na carreira cara a París. Hoxe presentáronse en Santiago os 21 galegos preseleccionados | Na paréntese do debate de investidura de Alfonso Rueda, o PP e os grupos da oposición móstranse abertos a pactos políticos, pero desconfían de que se chegue a acordos | Hoxe é o aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, que foi coñecido como 'patriarca das letras galegas'. Lembramos o escritor da Xeración Nós, tamén xeógrafo, docente e político galeguista, da man da Fundación Otero Pedrayo, que manten vivo o seu legado na casa museo de Trasalba. 10-04-2024