Traballadores sociais protestan, fronte á Xunta, polo funcionamento do sistema público de atención as persoas dependentes... Din que fai falta máis persoal e menos burocracia, ante unha situación na que cada mes falecen 30 persoas en espera de que se lles recoñeza o dereito a recibir axuda | Mobilización tamén de profesionais da Medicina, convocados en toda España por organizacións sindicais contra o novo estatuto que elabora o Ministerio de Sanidade. Critican aspectos como a xornada laboral e o rexime de incompatibilidades | Un informe do Defensor do Pobo denuncia situacións de maltrato aos internos tras unha inspección sorpresa ao siquiátrico privado La Robleda no concello do Pino, cerca de Santiago. Asegura que algúns pacientes están ingresados tempo de mais e son sometidos a illamento sen xustificación médica |Apenas dez días despois da homenaxe recibida con motivo do Día da Ilustración, falece Xosé Vizoso, un dos grandes referentes da arte galega. Deseñador estrela de Sargadelos