Hora de volver ás clases para uns 300.000 alumnos de primaria, Eso, Bacharelato e Formación profesional. Son uns 3.200 menos que o curso anterior, como resultado da baixa natalidade | Entre os estudantes que volven hoxe as aulas hai 321 nenos cegos ou con algunha discapacidade visual. Equipos multidisciplinares da ONCE traballan con eles para garantir a súa inclusión plena | A Xunta asumirá o pago do 60 por cento da suba do canon da recollida do lixo anunciada por Sogama. Anunciouno o Presidente Rueda, na sesión do Control do Parlamento | O premio Nobel de Física Klaus von Klitzing está en Santiago, dentro do programa de divulgación científica 'Conciencia' que dirixe o catedrático da universidade de Santiago Jorge Mira. Mañá ofrecerá unha conferencia sobre a revolución cuántica en metroloxía