O primeiro día da gratuidade dos abonos para os trens sáldase cun considerable aumento do número de usuarios // O primeiro Consello da Xunta tralas vacacións acaba de darlle o visto e prace ás obras de ampliación do hospital clínico de Santiago. Yolanda Díaz inicia en Galicia a xira por España do seu proxecto político, Sumar // Un artefacto estoupou nunha entidade bancaria de Hío, en Cangas, esta madrugada // Compartimos un ensaio con Andrea González, a pianista que vén de recuperar nun disco o legado musical de Frei Rosendo Salvado. 02-09-2022