Xa son máis de 1.700 as hectáreas arrasadas polos incendios que seguen activos. O maior, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa. Numerosos Medios terrestres e aereos loitan por estabilizado. O de Maceda, que chegou a poñer en perigo núcleos habitados, dase xa por estabilidado, igual que o que obrigou a desaloxar o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume | A moción de censura que acaba de rematar en Noia da a alcaldía ao socialista Francisco Pérez Caamaño, co apoio dos concelleiros do seu grupo, máis os do BNG, Marea Cidadá e o dun concelleiro non adscrito. Desbanca así ao popular Santiago Freire | A Xunta mantén o rexeitamento a acoller aos menores migrantes acollidos en Canarias. O Goberno Central tiña previsto comenzar hoxe a trasladalos ás distintas comunidades da Península. A previsión é que a Galicia chegen máis de 300 | Remata o Marisquiño, o festival de Deporte e Cultura Urbana de Vigo, que recuperou o espazo da praia de Samil. Os organizadores destacan a elevada resposta