O arrasteiro "Piedras", con base en Marín, naufraga tras sofrir unha vía de auga mentres faenaba en augas do Gran Sol. Os seus 11 tripulantes puideron ser rescatados por outro buque. // enfermeiros do hospital xeral protestaron esta maña convocados pola CIG-Saúde para pedir que non se deneguen permisos para días libres e vacacións. Segundo este sindicato, a dirección do Hula estáos negando sistemáticamente pola falta de persoal. //. // Comeza o verán climatoloxico e aínda que con chuvia hoxe, as previsións apuntan que virá caloroso. A primavera que acaba de rematar foi máis seca e cálida do habitual, con menos chuvia da agardada sobre todo no mes de maio no que choveu a metade do que é normal. 01-06-22