Accidentada estrea da alta velocidade entre as cidades galegas e Madrid. O primeiro AVE que saía de Vigo ás nove e media da mañá quedou parado durante máis dunha hora en Ourense pola falta de tensión na liña ferroviaria e tivo que ser remolcado por outro tren | Hoxe botou a andar en Vigo a gran feira dos estaleiros e as industrias auxiliares. Máis de medio milleiro de empresas de case un cento de países mostran en Navalia o pulo da construción naval, que semella ter deixado atrás a crise | Debate sobre a dixitalización e intelixencia artificial na educación en Santiago. Os expertos coinciden na defensa da alfabetización tecnolóxica dende a infancia