José Manuel Baltar, ante o Tribunal Supremo, que o xulga por un delito contra a seguridade vial. O senador do PP e expresidente da Deputación de Ourense, fora interceptado pola Garda Civil a máis de 200 quilómetros por hora ao volante dun coche oficial, en Benavente | A Xunta convocará este ano 1.664 prazas para profesores, segundo anunciou o Presidente Alfonso Rueda, tras celebrar o primeiro Consello da Xunta do ano | Tras case dous meses, Vigo despediu o seu particular Nadal. Foron 57 días de ambiente, xente nas rúas, e tamén con queixas dos veciños. Agora o centro da cidade recupera a normalidade. 11-01-2025