O afundimento do Villa de Pitanxo foi debido a un erro humano do patrón, pola falta de percepción do risco que supuña a manobra de librar o aparello do fondo mariño nas circunstancias en que se atopaba o barco | Uns cincocentos transportistas galegos estanse vendo afectados polas mobilizacións dos agricultores franceses, que manteñen cortadas as principais autoestradas de Francia. Atrasos nas entregas, perda de mercancía e nalgún caso danos nos camións, son as principais dificultades que están sufrindo | Comeza a 56 edición da Feira do Cocido de Lalín. Esta fin de semana nesta festa gastronómica, considerada de interese turístico internacional, poderase degustar un dos platos máis emblemáticos da cociña galega