Bares, cafeterías e restaurantes acusan en Santiago o nivel máximo de restriccións. Os empresarios reclaman medidas de auxilio, mentres a Xunta estuda máis medidas. //Os novos contaxios superan os 700, por terceiro día consecutivo, no que se rexistrou o falecemento de cinco persoas. Son datos que sitúan a evolución da pandemia aos niveis do mes de novembro. //O Sergas cifra en 27.000 as persoas que levan recibido en Galicia a primeira dose da vacina da Covid-19. Todas, usuarias e persoal das residencias de maiores.// Os concellos preparan novas normativas para regular o uso de patinetes, logo de que Tráfico prohiba sua circulación polas beirarúas. Vigo vai permitir que circulen polo Casco Vello e polos carrís bici. (11/01/2021)