Inaugurada a terceira das 6 novas naves que precisa a factoría do grupo PSA Peugeot Citroen de Vigo para construir os novos modelos que lle foron adxudicados pola multinacional francesa. Forma parte do plan de transformación da factoría que executa a zona Franca. Estará destinada a aparcadoiro e a usos loxísticos para a factoría O Ministerio elabora un decreto que obrigará á industria a poñer nos envases do leite e derivados o lugar onde se muxiu o producto co que foron elaborados. Un exempregado do BBVA reclámalle á entidade 140 millóns de euros por usar a súa firma dixital como apoderado en certificacións de créditos durante dous anos unha vez que xa estaba prexubilado. O banco alega que foi un erro informático. (09/11/16)