Morreu a nena Andrea, de 12 anos, que estaba hospitalizada en Santiago cunha enfermidade dexenerativa. Os seus pais pediran que os medicos lle retirasen a alimentacion asistida e que logo a sedasen // No xuízo pola morte de Asunta Basterra escoitáronse hoxe testemuñas de informes psiquiátricos referidos á nai, Rosario Porto. Unha das psiquiatras que a atendeu, amparouse no código deontolóxico para non opinar sobre a existencia dun informe, no que figuraría que Asunta, lle supoñía un estorbo para a nai // A campaña de vacinación contra a gripe comezará en Galicia o próximo luns 19 deste mes e vai durar nove semanas, ata o 19 de decembro. Unha das novidades é que van chamar un a un, aos pacientes de risco, que aínda non se vacinaran, e ofrecerlles unha data para facelo. 09/10/15