Nas próximas horas poderían concretarse novidades decisivas no caso da morte da nena de Santiago Asunta Basterra.Segundo fontes da investigación, os laboratorios policiais que analizan os restos do cadáver atoparon seme na camiseta da pequena e agora realízanse análises para saber a quen pertencen esas mostras.Indignación na flota cefalopodeira galega , logo de que que a Union Europea ratificase o acordo con Mauritania que deixa fóra aos 24 barcos galegos. Deles, seis xa foron enviados ao desgüace. Armadores e mariñeiros temen quedar condenados ao amarre ou a ir a caladoiros pouco rendibles.O deputado Jose Luis Mendez Romeu asume a portavocía dos socialistas no parlamento galego. Di ser esceptico sobre a posibilidade de establecer vinculos de entendemento entre o novo secretario xeral, Jose Ramon Gomez Besteiro e o presidente da xunta, alberto nuñez feijoo. (09/10/13)