O ministerio de fomento controlará os trens por via satélite e revisará o uso dos teléfonos móbiles nas cabinas. É unha das 20 propostas anunciadas pola ministra Ana Pastor sobre o accidente de Santiago. Os tres policías que atenderon ao maquinista declararon perante o xuiz que investiga o accidente. Na causa aberta polo sinistro, personáronse de momento 16 familias e afectados.Afectados por preferentes retiraron depósitos que tiñan en Nova Galicia Banco, para presionar ao banco e ao Goberno para que resolvan o problema da falta de liquidez dos aforros de milleiros de galegos.O veciño da Coruña presunto líder da rede de pederastas desartellada o pasado mes pola Policía Nacional quedou en liberdade tras pagar unha fianza de seis mil euros.Alfredo García, un montañeiro da expedición no Pakistán na que faleceron o alpinista de Vigo Abel Alonso e dous compañeiros se salvou porque unha "mala sensación" o levou a abandonar o ascenso. Hoxe cúmprense dúas semanas desde que se deron por