O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro di que poderá demostrar a súa inocencia e en que será desimputado, logo de que declare no xulgado, o próximo día 31,sobre un presunto caso de irregularidades urbanísticas, cando era concelleiro en Lugo. Besteiro di que non pensa dimitir e non se amosa rotundo respecto á súa candidatura á presidencia da Xunta // A Xunta aproba un bono de alugueiro social, para familias con menos recursos, ás que lles dará 150 euros ao mes durante un máximo de 2 anos // Os tenistas da selección española, e todo o corpo técnico, locen xa a nova equipación, deseñada pola empresa viguesa Nafta. Unha firma que, superada a súa crise, está agora en plena expansión. 09/07/15