Estupor e a incredulidade na localidade coruñesa de Vilasantar pola morte violenta de dous dos seus veciños, que residían  en  Baracaldo e que, ao parecer, foron asasinados polo seu fillo,  un policía local da localidade viscaíña, que logo se suicidou.Aquí teñen aínda unha casa que puxeran en venda dende que os pais enfermaran.  O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, vai dar a coñecer dentro de dúas horas  os nomes das nove persoas para ocupar os postos de concelleiros deixados vacantes polos titulares,  do Partido Popular, que renunciaron a raiz de procesos xudiciais.Os grupos da oposición pídenlle ao propio rexedor que dimita el tamén.  Comezou na Coruña o xuízo a  18  veciños de Ordes, acusados de difundir un vídeo privado de contido sexual que unha muller da localidade gravara con imaxes propias.  O principal acusado é o encargado dunha tenda de informática á que a moza levara o ordenador a amañar e que recuperou o arquivo. O vídeo chegou a ser exhibido en varios locais da vila.   O