Moitas aulas baleiras hoxe e outras con poucos alumnos. Son os efectos da folga contra a política educativa do Goberno e a reforma plantexada polo Ministro Wert. Unha folga acompañada por manifestacións que tiveron lugar este mediodía nas principais cidades e en máis dunha ducia de vilas e nas que participaron milleiros de persoas // Os fabricantes galegos de conserva ven perigar 10 mil empregos no sector en Galicia se se eliminan os aranceis á importacion de atun deTailandia, que é o primeiro productor mundial. Acaban de pedirlle o ministro de Pesca, que os defenda ante Bruselas // O Congreso aprobará esta tarde a reforma da lei de costas, que en Galicia legalizará unas 8 mil vivendas. Tamen abre á porta a que ENCE quede na Ría de Pontevedra máis aló de 2018 // O Celta xogou unha boa primeira parte, pero xusto no inicio da segunda o Atletico de Madrid marcou o primeiro dos 3 goles, cos que deixa aos celestes a un paso de segunda division. 09/05/13