Galicia adquire as competencias sobre o litoral. Había 17 anos, dende o goberno do bipartito, que a nosa comunidade non asumía novos poderes. Un traspaso logo de dous anos de negociacións e unha confrontación entre a administración do Estado e a autonómica pola Lei do litoral, resolta polo Tribunal Constitucional a favor da Xunta | Rueda solicita que o Parlamento convoque o debate do Estado da autonomía despois de Semana Santa para un debate amplio sobre os modelos de sanidade e industria para Galicia | Rematado o búnker de protonterapia que empezará a funcionar despois do verán | A asociación ‘Non Fumadores’ denuncia incumprimentos da lei antitabaco incluso en lugares especialmente sensibles coma os arredores dos hospitais | A Fiscalía pide máis de quince anos de cárcere para dous homes acusados de agredir sexualmente a unha muller nun piso en Vigo | Investígase a desaparición dunha viguesa de 41 anos, protexida por unha orde de afastamento daá súa ex-parella | A Audiencia de Ponteve