Oferta dun pacto pola industria e a enerxía, anuncios de novas rebaixas fiscais e cambios no organigrama da Xunta. É o discurso co que Alfonso Rueda abriu hoxe, ante o pleno do Parlamento a sesión de investidura | A oposición adiantou xa os motivos do seu voto negativo, por considerar o discurso de Rueda foi decepcionante, centrado en criticar ao goberno central e sen proxecto de país | Nace en Galicia Feeberse, unha nova rede social orientada ao mundo do fútbol. Foi creada por un grupo de emprendedores de Vigo e presentada hoxe en Pontevedra | Santiago é a terceira cidade de España que recicla máis vidro, segundo os datos da entidade xestora Ecovidrio. No conxunto de Galicia, este material reciclado durante o ano pasado ascende a 50.000 toneladas. 09-04-2024