Os forenses analizan xa o corpo recuperado esta mañá na ensenada coruñesa do Orzán para comprobar se, como todo indica, se trata dos restos mortais de Andrea Domínguez // As exportacións galegas seguen batindo marcas, coa provincia da Coruña acaparando a metade do comercio internacional de Galicia // O portavoz de En Marea, Luís Villares asegurou que non hai novidades na crise desatada no grupo cando se cumpre unha semana desde que pedira a dimisión da deputada Quinteiro // O Dépor a oito puntos da salvación e o Celta a catro de Europa // E as chuvias provocan desprendementos de pedras na estrada N-120 en Nogueira de Ramuín. 09/04/18