Un home resultou morto en Vigo, na explosión de gas rexistrada na súa vivenda, situada na rúa San Salvador. Outras tres persoas resultaron feridas e 23 veciños do edificio afectado tiveron que ser desaloxados e trasladados a un hotel // Xornada hoxe de recuperaciòn dos danos causados polo temporal, coma na Coruña onda os operarios municipais traballaron para librar o paseo marítimo. O mar bateu con forza e arrastrou a area máis aló da praia e desprazou parte do mobiliario urbano polo que, parte do paseo seguiu hoxe pechado para os peóns // O incendio dun camión cargado de peixe conxelado obrigou a cortar ao tráfico o túnel da Cañiza, en dirección a Ourense, dende Vigo. Un dos carrís quedou reaberto esta mañá, mentres o outro permanecía cortado para retirar o camión accidentado. 09/02/16